martes, 12 de septiembre de 2017

Nacín na terra
de meigas e queimada,
castelos e lendas.
Onde acaba o mar,
ese mar que amamanta
o seus fillos.
Rodeanme praias
fermosas e salvaxes,
e as ondas mecense
o son das notas dunha gaita.
Nacín, en terra verde,
onde carballos, castaños e pinos
bailan co vento do norte.
E a choiva que nos molla,
lembranos a nosa historia.
Nacín en Galiza,
terra de costumes arraigadas,
de homes da mar e mulleres de terra,
de horizontes de montaña,
e postas de sol, nun mar infinito.
Nacín, onde a palabra " Morriña"
abraza todo o que sinto pola miña terra.
Pois " Morriña" so e únicamente
a sinte in galego.

Ángeles Glez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario